A FIRMA. CLAVES DO ÉXITO

Experiencia profesional.
Os avogados e profesionais de Colón Abogados teñen unha dilatada experiencia profesional avalada con máis de quince anos de exercicio da avogacía e da asesoría fiscal de calquera dos responsables dos distintos departamentos nos que o Despacho se estrutura.

A Calidade.
Os equipos de traballo de Colón Abogados responden en tempo e en forma ás necesidades dos seus clientes grazas a un bo modelo organizativo e procedemento de traballo. A cada cliente asígnaselle un letrado responsable e especializado no asunto, que asume o compromiso de dirixilo e resolvelo con eficacia.

A Especialización.
O principal empeño do Despacho é a formación dos letrados que o compoñen. Todos os seus profesionais son especialistas nas distintas ramas do Dereito e coñecen en profundidade a materia sobre a que traballan con exclusividade.

Trabajo en equipo. (Xestión do coñecemento). 
O método é o traballo en equipo, xestionando o coñecemento entre os membros do Despacho. Cando interveñen distintos profesionais nun asunto, son os responsables do asunto principal os que coordinan todas as actuacións do equipo profesional e actúan como interlocutores co cliente.